Proxecto TableTea

Proxecto TableTea

Panorama

Aprendizaxe nas puntas dos nosos dedos

Alumnado touchscreen que atopa nos dispositivos móbiles motivación para aprender

Mobilidade e flexibilización progresiva e irreversibles

Aprendizaxe moito máis persoalizado e diferenciado

Aprender a calquera hora, en calquera lugar e de múltiples xeitos

Aprendizaxes centrados no alumnado

O proxecto

Comezando polo nome, a pouca creatividade de Alfredo, chamésmolle coordinador TAC xa que non queda outro cargo no centro 😉 fai que o pobre non coñeza o pensamento diverxente. Por iso TableTea; o río Tea pasa pola beira do noso IES e imos traballar con tabletas…TableTea 😉 O nome non vai ser o mellor deste proxecto…

Dende logo, negarémonos a recibir o premio á innovación no ensino que concede a Fundación Telefónica 😉 e nunca imos estar á altura dos concedidos en SIMO educación ;). O noso vai ser algo moito máis grande. TableTea é un proxecto colaborativo de aula no que o alumnado vai traballar con dispositivos móbiles de baixo custe integrando as novas tecnoloxías no seus aprendizaxes dende outubro de 2013 a xuño de 2014, sempre que a nova rede WIFI do centro non pete e non nos corten á electricidade ou a calefacción.

Os grupo seleccionados nunha primeira fase son 4º ESO (Diversificación Curricular) e  PCPI (Programa de Cualificación Profesional Inicial) de carpintaría.

Por que tabletas?

En primeiro lugar, e non menos importante, porque tivemos opción a unha promoción moi interesante cun prezo axeitado, pola súa conectividade con persoas (redes sociais, blogs, foros) e servizos (sites, aplicacións), pola súa grnade portabilidade, interactividade e integración de medios (cámara de fotos, video ou grabadora de sons).

Obxectivos para a prensa mundial

Crear un contorno novidoso de aprendizaxe para utilización das TIC integrando na clases os múltiples recursos e achegas didácticas que posibilitan os dispositivos móbiles.

Facilitar a interactividade entendida como un aumento das posibilidades de xerar aprendizaxes e espertar intereses máis próximos ao alumnado.

Informar ao alumnado da cantidade de competencias para manexar información e puntos de vista comúns e diverxentes que as tabletas posibilitan nas aprendizaxes de aula.

Innovar e investigar coas tabletas. Entendemos isto como un proceso de cambio planificado e orientado ao logro de mellorar a calidade do noso ensino. Non queremos substituir un recurso por outro, senón modificar e/ou ampliar estratexias respecto das novas esixencias da sociedade.

Compartir estratexias didácticas que inclúan actividades motivadoras, significativas, colaborativas, globalizadoras e prácticas cara a unha aprendizaxe autónoma (aprender a aprender) dos coñecementos.

Cooperar e colaborar deseñando un entorno de traballo conxunto, no que poidamos almacenar e compartir a información, comunicarmos e organizarmos dun xeito áxil.

Experimentar que as tabletas e dispositivos móbiles, en xeral, poden utilizarse para novas prácticas docentes máis innovadoras, que fomentan o alfabetismo e a cultura TIC, profundizando na adquisición e xeración de coñecemento.

TAREFAS PRÁCTICAS BÁSICAS INICIAIS

1. Aprender a utilizar Gmail, Drive e Dropbox para xerar e intercambiar documentos

2. Crear e manter un Blog de clase TableTea e os persoais do alumnado

3. Coñecer Slideshare, Prezi  e outras ferramentas para facer presentación dos traballos de clase

4. Crear, utilizar e manter unha conta en Twitter

               Conta Twitter do proxecto: @tableteapdc

                    #tabletasnaclase

5. Elaborar, colgar e intercambiar podcast e vídeos de clase de distinta temática

                   Ex.: que cambiaríades do sistema educativo actual?

6. Utilizar as tabletas nas materias instrumentais básicas e noutras

7. Elaborar videotitoriais de axuda sobre distintos aplicacións e aspectos educativos

8.

9.

10.

Seguiremos engadindo puntos á xustificación do Proxecto TableTea

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s