Que é a tendencia BYOD ?

Considero que vai ser o futuro do ensino e xa é presente no mundo laboral. BYOD son as siglas de Bring Your Own Device, algo así como trae o teu propio dispositivo  electrónico, portátil, inalámbrico e persoal (laptops, netbooks, tablets, iPods, e-Readers, smart phones etc). Non, non estou a falar dos ultraportátiles de ABALAR 😉 Que o alumnado aporte o seu propio dispositivo conleva un considerable aforro para o centro (e para a administración). Por outra banda o alumnado terá liberdade para escoller as aplicacións de software coas que lle gusta traballar, escollerá probablemente aquelas aplicacións e programas cos que se atope máis familiarizada/o o que fará máis amigable e motivador o seu entorno educativo. E usará o mesmo dispositivo na clase e na casa. Esta tendencia educativa BYOD fomenta moito, non fai falla explicalo, o uso das TIC no ensino (as TIC como cabalo de Troia) facilitando outras tendencias xa presentes como as Flipped Class, a realidade aumentada (AR), a gamificación, as comunidades colaborativas, os nosos PLE e tantas outras aínda por chegar. En fin, non me extendo máis en este post pero…xa estou a imaxinar as nosas aulas do IES Salvaterra de MIño con todo o alumnado utilizando os seus propios dispositivos móbiles para APRENDER, colaborando co profesorado e resto de alumnado, lendo, facendo exercicios, gravando vídeos, creando proxectos que publican nos seus Blogs nos que poden participar as súas familias. Cando marchan do IES cara as súas casas continúan o seu proceso de aprendidaxe facendo os seus deberes co mesmo dispositivo, estudando e completando os proxectos colaborativos da clase virtualmente utilizando chats e videoconferencias o través de espazos colaborativos…Vale, vale, polo momento seguimos coas tabletas Android.

Por certo, xa hai que fala de BYOT   (bring your own technology: trae a túa propia tecnoloxía) , BYOA (bring your own applications: trae as túas propias aplicacions)…

Que, deixamos de prohibir os móbiles nos centros e os convertemos nunha potente ferramenta  de aprendizaxe? Ao mellor, non hoxe que é festa pero ighual mañán… Un pouco tolo hai que estar, non? Coido que aínda estou moi afectado pola morte do meu querido e admirado Madiba.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s