Apps para docentes

Aplicacións educativas Android para Docentes

Advertisements

Proxecto TableTea. Dispositivos Móbiles en 4º PDC

 

Panorama

Aprendizaxe nas puntas dos nosos dedos

Alumnado touchscreen que atopa nos dispositivos móbiles motivación para aprender

Mobilidade e flexibilización progresiva e irreversibles

Aprendizaxe moito máis persoalizado e diferenciado

Aprender a calquera hora, en calquera lugar e de múltiples xeitos

Aprendizaxes centrados no alumnado

O proxecto

Comezando polo nome, a pouca creatividade de Alfredo, chamésmolle coordinador TAC xa que non queda outro cargo no centro 😉 fai que o pobre non coñeza o pensamento diverxente. Por iso TableTea; o río Tea pasa pola beira do noso IES e imos traballar con tabletas…TableTea 😉 O nome non vai ser o mellor deste proxecto…

Dende logo, negarémonos a recibir o premio á innovación no ensino que concede a Fundación Telefónica 😉 e nunca imos estar á altura dos concedidos en SIMO educación ;). O noso vai ser algo moito máis grande. TableTea é un proxecto colaborativo de aula no que o alumnado vai traballar con dispositivos móbiles de baixo custe integrando as novas tecnoloxías no seus aprendizaxes dende outubro de 2013 a xuño de 2014, sempre que a nova rede WIFI do centro non pete e non nos corten á electricidade ou a calefacción.

Os grupo seleccionados nunha primeira fase son 4º ESO (Diversificación Curricular) e  PCPI (Programa de Cualificación Profesional Inicial) de carpintaría.

Por que tabletas?

En primeiro lugar, e non menos importante, porque tivemos opción a unha promoción moi interesante cun prezo axeitado, pola súa conectividade con persoas (redes sociais, blogs, foros) e servizos (sites, aplicacións), pola súa grnade portabilidade, interactividade e integración de medios (cámara de fotos, video ou grabadora de sons).

Obxectivos para a prensa mundial

Crear un contorno novidoso de aprendizaxe para utilización das TIC integrando na clases os múltiples recursos e achegas didácticas que posibilitan os dispositivos móbiles.

Facilitar a interactividade entendida como un aumento das posibilidades de xerar aprendizaxes e espertar intereses máis próximos ao alumnado.

Informar ao alumnado da cantidade de competencias para manexar información e puntos de vista comúns e diverxentes que as tabletas posibilitan nas aprendizaxes de aula.

Innovar e investigar coas tabletas. Entendemos isto como un proceso de cambio planificado e orientado ao logro de mellorar a calidade do noso ensino. Non queremos substituir un recurso por outro, senón modificar e/ou ampliar estratexias respecto das novas esixencias da sociedade.

Compartir estratexias didácticas que inclúan actividades motivadoras, significativas, colaborativas, globalizadoras e prácticas cara a unha aprendizaxe autónoma (aprender a aprender) dos coñecementos.

Cooperar e colaborar deseñando un entorno de traballo conxunto, no que poidamos almacenar e compartir a información, comunicarmos e organizarmos dun xeito áxil.

Experimentar que as tabletas e dispositivos móbiles, en xeral, poden utilizarse para novas prácticas docentes máis innovadoras, que fomentan o alfabetismo e a cultura TIC, profundizando na adquisición e xeración de coñecemento.

TAREFAS PRÁCTICAS BÁSICAS INICIAIS

1. Aprender a utilizar Gmail, Drive e Dropbox para xerar e intercambiar documentos

2. Crear e manter un Blog de clase TableTea e os persoais do alumnado

3. Coñecer Slideshare, Prezi  e outras ferramentas para facer presentación dos traballos de clase

4. Crear, utilizar e manter unha conta en Twitter

               Conta Twitter do proxecto: @tableteapdc

                    #tabletasnaclase

5. Elaborar, colgar e intercambiar podcast e vídeos de clase de distinta temática

                   Ex.: que cambiaríades do sistema educativo actual?

6. Coñecer a Realidade Aumentada e o Story Telling

7. Elaborar videotitoriais de axuda sobre distintos aplicacións e aspectos educativos

8. Disfrutar redes sociais educativas: redAlumnos

9. etc