Traballo Colaborativo no Drive

Advertisements

TITORIAL Google Académico/ Alertas de Google

Google Académico é unha ferramenta pouco empregada polo alumnado (e profesorado 😉 )  que ofrece considerables vantaxes con respecto a simples procuras no buscador xeral de Google, xa que resulta máis fiable por ofrecer información contrastada.

O alumnado pode crear “Alertas de Google Académico” que lles notifican novos materiais relacionados coas súas consultas de procura que van aparecendo en Google Académico, co que as súas procuras, ademais, vanse atopando actualizadas no tempo coas novidades que vaian aparecendo relativas ao tema desexado.

Se facemos uso da posibilidade que nos ofrece Google de combinar Google Académico con Alertas de Google, o partido que se lle pode sacar a estas ferramentas aumenta.

Google Académico ofrece

Índices académicos
Documentos académicos revisados
Revistas
Teses
Libros
Por idioma

Permite realizar procuras avanzadas facendo clic na frecha da caixa de procura.

Ao facelo, desprégase un menú como podemos apreciar na imaxe.

Vía Crea y aprende con Laura