Poemas

Buscador de poemas 

Advertisements

Que é a tendencia BYOD ?

Considero que vai ser o futuro do ensino e xa é presente no mundo laboral. BYOD son as siglas de Bring Your Own Device, algo así como trae o teu propio dispositivo  electrónico, portátil, inalámbrico e persoal (laptops, netbooks, tablets, iPods, e-Readers, smart phones etc). Non, non estou a falar dos ultraportátiles de ABALAR 😉 Que o alumnado aporte o seu propio dispositivo conleva un considerable aforro para o centro (e para a administración). Por outra banda o alumnado terá liberdade para escoller as aplicacións de software coas que lle gusta traballar, escollerá probablemente aquelas aplicacións e programas cos que se atope máis familiarizada/o o que fará máis amigable e motivador o seu entorno educativo. E usará o mesmo dispositivo na clase e na casa. Esta tendencia educativa BYOD fomenta moito, non fai falla explicalo, o uso das TIC no ensino (as TIC como cabalo de Troia) facilitando outras tendencias xa presentes como as Flipped Class, a realidade aumentada (AR), a gamificación, as comunidades colaborativas, os nosos PLE e tantas outras aínda por chegar. En fin, non me extendo máis en este post pero…xa estou a imaxinar as nosas aulas do IES Salvaterra de MIño con todo o alumnado utilizando os seus propios dispositivos móbiles para APRENDER, colaborando co profesorado e resto de alumnado, lendo, facendo exercicios, gravando vídeos, creando proxectos que publican nos seus Blogs nos que poden participar as súas familias. Cando marchan do IES cara as súas casas continúan o seu proceso de aprendidaxe facendo os seus deberes co mesmo dispositivo, estudando e completando os proxectos colaborativos da clase virtualmente utilizando chats e videoconferencias o través de espazos colaborativos…Vale, vale, polo momento seguimos coas tabletas Android.

Por certo, xa hai que fala de BYOT   (bring your own technology: trae a túa propia tecnoloxía) , BYOA (bring your own applications: trae as túas propias aplicacions)…

Que, deixamos de prohibir os móbiles nos centros e os convertemos nunha potente ferramenta  de aprendizaxe? Ao mellor, non hoxe que é festa pero ighual mañán… Un pouco tolo hai que estar, non? Coido que aínda estou moi afectado pola morte do meu querido e admirado Madiba.

A nosa Tableta

Creo que xa estamos en condicións de afirmar que a tableta escollida, a Bq Edison 2 Quad Core, non foi unha mala elección. A construción da tableta non é a da Sony Xperia Tablet Z pero non está nada mal. Polo que respecta as Apps ven como as mellores, solo superada polo iPad. Falando da autonomía e batería é das mellores, ao nivel do iPad e un pouco por baixo da LG GPad 8.3. No tema da pantalla, tema complexo xa que temos no mercado varios modelos que incluso superan ao iPad Air en resolución pero que na práctica se ven peor que este, a nosa Bq 10.1″ non está nada mal e serve moi ben para o traballo nos distintos espazos do IES e das diferentes clases cos seus 1280 X 800. Polo que respecta ao procesador, a Edison 2 Quad Core que mercamos ten iso, catro núcleos a 1.6 GHz e vai moito mellor que a outra Bq que probei de dous núcleos (Dual Core) sobre todo en canto á rapidez  da conexión as nosas precarias WiFi do insti ou da casa. As cámaras, a frontal de 0.3 Mp e a traseira de 2Mp non son das mellores pero nos estamos a traballar con elas tendo en conta que escollemos a tableta de 16Gb. Algúns traballos, sen editar, podedes velos neste Blog. Non é a calidade das gravacións de video o que estamos a buscar neste proxecto.
En resumo, penso que Bq Edison 2 Quad Core é a opción máis apañada en termos de calidade/prestacións e prezo xa que por 175 Euros está moi alonxada do prezo da LG PAD 8.3 de 329 euros, da Sony Xperia Tablet Z de 500 Euros, da Google Nexus 10 de 400 euros e non digamos dos iPad, dende 479 euros. Certo é tamén, que as persoas afeitas a traballar con iPad, notamos un pouco a diferenza e incluso que unha mesma App pode ser moito máis completa en IOS que en Android pero o orzamento é a chave de todo e non somos o colexio Montserrat 😉 nin ghañas que temos…

En fin, como ferramenta para un modestísimo proxecto piloto de Mobile Learning e despois de un par de meses de traballo, parécenos un bo dispositivo móbil para o noso alumnado touch screem 🙂 que, por certo, están moi contentos e dando envexa ao resto de alumnado coas súas tabletas de traballo. Esperamos ir sumando alumnado e profesorado ao proxecto e acadar pronto o obxectivo deseñado na parte teórica da portabilidade, isto é que o alumnado leve as tabletas para as súas casas.